Betsy Blair
Veño de saber que a protagonista da película Calle Mayor (1956) de Bardem, é unha actriz americana, Betsy Blair. Escoiteino no concurso ese da 2ª cadena de TVE que botan sobre as tres da tarde.
Eu vira esa película na tele fai xa anos. Seica pinta moi ben a sociedade daquel tempo nas vilas españolas. Polo que eu sei, Lugo foi unha delas: a calle Mayor ven sendo a rúa da Reina (ou da Raíña, non estou seguro do nome oficial), tamén tiña señoritos de casino e mulleres sen acougo por non poder casar.
Miro no web quen foi Betsy Blair. Naceu no 1923. Non puido facer carrera nos USA logo de que o senador McCarthy deu en putearlle a vida. Gracias que seu home é Gene Kelly pode traballar como protagonista na película Marty (1955). Despois marchou para Europa. Aínda vive, en Inglaterra.





