Margaret Bourke-White

Quiteino do Galicia Hoxe:
“Por primeira vez en España amósanse dende onte na Fundación Caixa Galicia da Coruña noventa fotografías tomadas por Margaret Bourke-White que foi pioneira no seu oficio xa que ademais de ser a primeira que estivo en todos os acontecementos fundamentais do século XX ata o seu pasamento en 1971, tamen foi a primeira reporteira gráfica de guerra.
Comezou na revista Fortune e logo integrouse na redacción de Life dende o primeiro momento ata o punto de que dela é a portada do primeiro número cubrindo toda clase de actividades nos cinco continentes. A comisaria da exposición, Zulema Autore, definiuna como “a reencarnación do soño americano” e subliñou o seu carácter forte para facer un traballo que entón só era de homes. .
Na Fundación Caixa Galicia
A mostra, tras estar tres meses na Coruña, pasará o 18 de xaneiro de 2006 á sala de exposicións da Fundación Caixa Galicia de Lugo onde permanecerá dous meses. Tematicamente repártense en varias series, entre elas a Segunda Guerra Mundial, Canadá, México, Fort Peck, Independencia da India, Sudáfrica e unha ampla reportaxe social.”




