Katarina Witt: Alemaña. Cando tiña quince anos xa era campiona nacional da antiga RDA de patinaxe artístico. Despois medallas de ouro olímpicas, campionatos do mundo, etc. Vaise para os EEUU onde é moi popular. É moi guapa e participa en varias películas, entre elas Ronin, con Robert de Niro e Jean Reno, e facendo un papel de patinadora artística.
Miguel Illescas: Barcelona. Maestro internacional de axedrez e campión de España en tres ocasións.
Steve Harris: Chicago. Actor de cine, televisión e teatro. Seica saiu en Minority Report de Spielberg.
Tomasz Hudziec: Wroclaw, Polonia. Actor.
Barbara Garrick: Los Angeles, EEUU. Actriz.
Olivier Bouverot: Francia. Profesor de matemáticas. Presidente de AJEC (asociación de xogadores de axedrez por correspondencia).
Masroor Mohsin Gilani: Pakistán. Xornalista. Presidente da Green Press (asociación de xornalistas pakistanís especializados na temática medioambiental).
Alberto Hernán Guerrero: Colombia. Médico.
Angel Denys Carocca Becerra: Chile. Matemático.
Aouad Hekmat: Líbano.
Francisco Javier Urbistondo Prados: foi concelleiro do PP en Hernani (1995-1999) e mais en Donosti (1999-2003).
John Murphy: UK. Security System Installer.
Darla Giovanni: Pocatello, Idaho, EEUU.
Juan Valdivia: Segovia. Guitarrista do grupo Heroes del Silencio.
Noemi Padrón Fumero: Santa Cruz de Tenerife. Doctora en Economía.
Bisintxo Rey Bakaikoa: Pamplona.
Stefano Falaschi: Foligno, Italia. Financial salesman.
Valentin Huitfeldt: Oslo, Noruega.
Mozart Rodrigues Pereira: Portugal.
Todos eles teñen en común que hoxe cumpren corenta anos. Cada un deles, no seu recuncho do planeta, a cavilar en que alá vai máis de media vida.
Happy birthday to you all.