Túzaro blog

December 2, 2005

Ramón Buenaventura, protoblogger

Filed under: Uncategorized

Hai xa anos dende que dei en ler os artigos semanais de Ramón Buenaventura. Daquela non tiña ordenador nin acceso a internet, nin un maior interese no tema. Así e todo, a min gustábame o seu xeito de escribir e foi logo a través del que comencei a tirar do fío da rede mundial. El é un moi bo divulgador: amais de coñecela e sabela explicar, faino nun estilo atractivo abondo para que xente allea a esa materia, chea de anglicismos e termos estraños, empece a perderlle o medo, e mesmo colla afección por ela.

Pois ben, Ramón Buenaventura acaba de ser despedido da revista na que viña publicando a súa columna, segundo explica no seu blog, nos posts do 25 e o 27 de novembro. A revistucha en cuestión é a que vai, tódolos domingos, ó abeiro do xornal de maior difusión de Galicia.

Él di que o cambiarán por alguén máis moderno. Pode ser, xa hai antecedentes: o espacio no suplemento semanal de Javier Marías ata hai tres anos (tamén marchou de malas maneiras) agora o ocupa o mequetrefe que sae na tertulia de cine do Garci, o mesmo que veu este ano a Lugo a recoller un premio de non sei que.

Comments »

The URI to TrackBack this entry is: http://blacklisted.blogsome.com/2005/12/02/ramon-buenaventura-protoblogger/trackback/

No comments yet.

RSS feed for comments on this post.

Leave a comment

Line and paragraph breaks automatic, e-mail address never displayed, HTML allowed: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>


Get free blog up and running in minutes with Blogsome | Theme designs available here