Túzaro blog

December 10, 2005

Harold Pinter

Filed under: Uncategorized

“…Eu asistín a unha xuntanza na embaixada estadounidense de Londres en 1980. O Congreso dos Estados Unidos estaba a decidir se concederlles máis diñeiro á Contra na súa campaña contra o estado de Nicaragua. Eu era membro dunha delegación para falar en nome de Nicaragua, pero o máis importante membro desa misión era o crego John Metcalf. O voceiro da delegación estadounidense era Raymond Seitz (daquela número dous da embaixada e máis tarde embaixador). O padre Metcalf dixo: “Señor, teño ao meu cargo unha parroquia do norte de Nicaragua. Os meus fregueses fixeron unha escola, un centro de saúde e unha casa da cultura. Viviamos en paz. Hai uns meses as forzas da Contra atacaron a parroquia. Destruírono todo: a escola, o centro de saúde e a casa da cultura. Violaron enfermeiras e mestras e mataron os médicos do xeito máis brutal posíbel. Comportáronse coma salvaxes. Por favor, pida que o goberno dos EUA lle retiren o seu apoio a esta abraiante actividade terrorista”.

Raymond Seitz tiña unha moi boa reputación como persoa racional, responsábel e moi sofisticado. Era moi respectado nos ambientes diplomáticos. Escoitou, fixo un silencio e logo falou con moita gravidade: “Padre, déixeme que lle diga algo. Na guerra, os inocentes sofren sempre”. Fíxose un silencio xeado. Fitámolo. E non se inmutou. …”

O discurso pódese ler aquí (inglés) e aquí (galego).

Comments »

The URI to TrackBack this entry is: http://blacklisted.blogsome.com/2005/12/10/harold-pinter/trackback/

No comments yet.

RSS feed for comments on this post.

Leave a comment

Line and paragraph breaks automatic, e-mail address never displayed, HTML allowed: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>


Get free blog up and running in minutes with Blogsome | Theme designs available here