Túzaro blog

December 13, 2005

Blogs de aquí e de acolá

Filed under: Uncategorized

Jesús García Calderón ven de estrear blog persoal. El é ben coñecido en Lugo, onde foi Fiscal da Audiencia Provincial. Seica tiña a curiosa convicción de que o seu cargo obrigabao a andar na procura de delincuentes, mesmo daqueles que tiñan o respaldo de máis do 40% do censo electoral. Traballo non lle faltou, abofé, e máis que lle quedou por facer se non fora que tanta actividade debeu chama-la atención do seu superior (¿lembran o elemento aquel, Jesús Cardenal?) que procedeu, presto, a premialo cun ascenso cara a Andalucía. E todos contentos, Cacharro o que máis.

Dei co seu blog a través do de Álvaro Valverde, poeta de Plasencia, que atopei no do señor de Portorosa, blogueiro galego, e este no de Colin Davies, inglés de Pontevedra. Un chisco torie o Mr. Davies, pero ten gracia lerlle o seu parecer sobre a xente e as costumes do país.

Comments »

The URI to TrackBack this entry is: http://blacklisted.blogsome.com/2005/12/13/blogs-de-aqui-e-de-acola/trackback/

No comments yet.

RSS feed for comments on this post.

Leave a comment

Line and paragraph breaks automatic, e-mail address never displayed, HTML allowed: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>


Get free blog up and running in minutes with Blogsome | Theme designs available here