Fariseos
“The flag should never be displayed with the union down, except as a signal of dire distress in instances of extreme danger to life or property.”
Traducido, máis ou menos: “A bandeira non se debera mostrar do revés, salvo como sinal de moito apuro nos casos de perigo extremo para a vida ou a propiedade“. Esta é, seica, unha regra da etiqueta que, nos USA, dicta o xeito correcto de mostrar a súa insignia.
Podería ser unha utilidade nova para a bandeira do Orzán: alertar aos “curuñeses de pro”…




