Túzaro blog

March 17, 2006

O embaixador

Filed under: Uncategorized

Aínda non acabou de se instalar no Vaticano e xa está dando que falar. Moi bo o artigo de hoxe na Opinión da Coruña de Juan José Millás.

Tamén hoxe e no mesmo xornal, artigo de despedida do ex-alcalde, de Xosé Luis Méndez Ferrín.

O artigo de J.J. Millás:

Ofensores y ofendidos

Francisco Vázquez será un perfecto embajador de España ante El Vaticano. Tiene la untuosidad de un obispo y puede, como cualquier prelado que se precie, manifestar una idea y practicar otra. La diplomacia vaticana es poliédrica. Sus portavoces condenan el aborto a las nueve de la mañana y aplauden la pena de muerte a las diez. Gran parte de su éxito histórico consiste en tener discursos para todos los gustos. La Iglesia es una gran superficie de peroratas:

-Perdón, deseo una perorata capitalista.

-Al fondo a la derecha.

-Y yo una perorata socialista.

-Al fondo a la izquierda.

-Yo busco un mensaje agresivo, bravucón, guerracivilista, un mensaje de ultraderecha puro y duro.

-Pues sintonice la COPE, que también es nuestra.

Francisco Vázquez habla como un socialista, pero su lenguaje no verbal es de derechas, o al revés, según convenga. Se declara demócrata y admirador de Fraga sin cambiar la color (me refiero a Fraga Iribarne, ese individuo felizmente reinsertado tras haber pertenecido al núcleo duro de la banda armada de Franco). También le gusta el Opus, que como todos sabemos es un ejemplo de democracia interna, de antisecta, de racionalidad histórica. Hará un papel brillante en Roma.

Ya lo ha empezado a hacer. Acaba de declarar, para ganarse las simpatías de la curia, que la ley de matrimonios homosexuales fue una agresión a El Vaticano. Aquí tenemos un ejemplo claro de actitud sibilina, monjil, furtiva. Resulta que es El Vaticano el ofendido. La Iglesia lleva siglos persiguiendo a los homosexuales. Los ha calificado de enfermos, de perversos, de malignos. Los ha llevado a la hoguera, ha recomendado para ellos los manicomios, el electroshock y los tratamientos psiquiátricos o carcelarios más duros que quepa imaginar en mente humana. Pero los homosexuales no deben ofenderse por toda esa injusticia histórica. Es la Iglesia la que debe molestarse cuando se les deja de perseguir. Eso es diplomacia vaticana y lo demás son cuentos. Enhorabuena, tío.

O artigo de X. L. Méndez Ferrín:

PEZAS EN FUGA
Os camiños da vida

É moda decer que a prensa escrita perdeu influencia. Cada pouco, un feito ruidoso vén confirmar o contrario: velaí o caso de La Opinión, xornal da Coruña. É cousa xeralmente admitida que o círculo máis alto de poder no PSOE se desfixo de Francisco Vázquez como alcalde da Coruña principalmente pola campaña de verdades informativas e de argumentos ético-políticos que contra o personaxe deflagrou La Opinión, cos seus reporteiros, os seus investigadores, os seus columnistas e o seu Director. Isto, que mesmo se recoñece n´A Nosa Terra, o veterano semanario anti-vazquista que xira como órgano oficioso do BNG, produciuse despois de décadas de crítica asociativa, popular, intelectual e, mesmo, de libros e publicacións, alén da oposición regular no Concello, ás políticas de fondo e aos modais de superficie de Francisco Vázquez, quen soubo ben aproveitar pro-domosua e perpetuar até a extenuación o agravio coruñés ao lle ser negado á capital galega de Ponthus a condición de capital de Galicia Autonómica. Eu debo felicitar a todos os que resistiron a rede de mentiras, de deturpacións interesadas da historia, de actitudes contrarias á tradición progresista galega, de ordinarieces fantasiosas e de insulto permanente á galeguidade, alén de connivencias abertas coas formas máis franquistas de ser católico, que Francisco Vázquez foi tecendo na Coruña mentres un ego morboso inchaba a súa botarga deica lle conferir perfís valleinclanescos. Debo felicitar os resistentes de La Opinión…

Os resistentes da Coruña ao vazquismo, incluídos os do seu propio partido, teñen o mérito principal no removemento presente de Francisco Vázquez, lanzado ás covas do Vaticano nunha xogada mestra na que o humorismo se aliou coa sabedoría florentina de non sei quen achegado a Zapatero. Eles viron como non se respectaba a fisonomía da Pescadaría, como a Cidade se caía aos cachos e se perdía na canella da Sinagoga a materialidade e o espírito do núcleo histórico, como as estatuas e símbolos e terminoloxía franquista se perpetuaban e aínda se incrementaban, como o lume perpetuo á Varona facía sorrir os visitantes, como o provincianismo dos días dos veraneos do Caudillo e de Molina Brandao se convertía en regra de convivencia, como o alcalde enchía a andorga zugando do negocio inmobiliario dos tempos pasados e dos tempos que aínda virán para o enriquecer máis se alguén non o remedia, como o españolismo de sainete sentaba en María Pita mentres a ilustración emigraba a Oleiros, como se intentaba defrontar a cidade da Academia Galega co conxunto da Nación Galega. Estas cousas ocorreron na Coruña até o día de hoxe no que o home cuxas obras completas se reducen a un artigo sobre o uso elegante do jipijapa, panamá, guayaquil ou jarano, que nunca sei, se programa a si mesmo a homenaxe dos incondicionais, incluída a prensa que o apoiou, con figurantes maceiros con fardas de época máis falsas ca o socialismo do protagonista deste esperpento. Milagre foi que o resto de Galicia non chegase a chocar odio á Coruña! Tanta comenencia, ridiculez e vulgaridade obrou en contario e o País enteiro chegou a desexar de corazón unha nova alianza entre a cidade de Cornide e todas as cidades, vilas, aldeas, que forman a vella Patria. Sen Fraga Iribarne e sen Francisco Vázquez nesta primavera respírase ben mellor.

2 Comments »

The URI to TrackBack this entry is: http://blacklisted.blogsome.com/2006/03/17/o-embaixador/trackback/

  1. Curioso, sí, todo iso… pero a mín o que me chama a atención é a ópera bufa que montou na sua despedida da cidade… deixando a parte a soberbia e o mínimo respeto polo adversario, a mín interesame o feito de que si Chávez canta, en un acto eleitoral, unha rancheira, por exemplo, pois as canles de TV, os medios dde comunicación, etc… o sacan mil veces coa pretensión de quitarlle dignidade ou… pero si o embaixador español no Vaticano canta, nun acto institucional o “la,la,la”… pois é unha broma de despedida, é que Paco é moi simpático… en fin, duros tempos nos que hai que loitar polo obvio…

    Comment by carlos — March 18, 2006 @ 9:48 pm

  2. Pois si, tes toda a razón no que dis.
    E no asunto do show-despedida….eu supoño que o home no fondo estaría amolado, por como tivo que deixar o cargo, e de algún xeito tiña que desafogar.
    Que lle vaia ben coa curia vaticana.

    Comment by H. Martins — March 19, 2006 @ 2:09 pm

RSS feed for comments on this post.

Leave a comment

Line and paragraph breaks automatic, e-mail address never displayed, HTML allowed: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>


Get free blog up and running in minutes with Blogsome | Theme designs available here